-CIENCIAS SOCIAIS

Ocuparemos esta area con reflexións e achegas sobre a nosa economía, tamén tentaremos organizar algunha charla coloquio e porsuposto escribiremos artigos de opinión.


Ó PAN, PAN E Ó VIÑO, VIÑO.
Por Serxio María.

Tempestuoso mar este que nos abarca dende que o señor Feijóo chegou a presidencia deste o noso ben querido país. Unha banca que xa expiraba os seus últimos versos deixouse querer polo pouco apego que algúns lle teñen a súa terra, e dos cales xa sería redundante escribir o seu nome. E esta banca desapareceu como desaparecen as meigas logo dun malicioso conxuro.
Foi este un navegar "bancario" cheo de emocións, que sen dubida deixaron sen aire a máis de un, citemos ós amigos preferentistas, que co brazo do director de turno tralo lombo e seguramente con fermosas palabras deixáronse levar polas andrómenas dunha banca perdidada da man de Deus, Dun Deus que deseguro durmía nun cómodo salón do edificio que o banco de España ten en Madrid, e como di a campaña dun afamado supermercado galego "e se chove, que chova".
Agora agoirosamente, un banco do cal os galegos non escoitaron falar nin nas máis reconditas montañas do Courel ou a Fonsagrada, preséntase como o caudillo salvador da banca galega. Rescatadores dun detrito que o FROB puxo a venda como se dun maleficio se tratase, un maleficio bancario que arrastrou a Galiza a desaparición da banca propia. Pero foi a culpa de Feijóo a desaparición dun banco nidiamente galego? Para os inxenuos que se xactan de sabelo todo, que critican coa lingua solta, e falta de reflexión. Adicolles un non! Feijóo sómentes se adicou a "maladministrar" o noso sistema bancario. Pero a quen lle vou borrar o nimbo de luz que coma un santo ten situado sobre a súa cabeza, é ó banco de España. Sí, ese organismo que deixou que se venderan preferentes coma se venden chourizos en calquera das feiras deste, o noso país dos mil ríos, sí vendéronse chourizos pero tamaña cantidade de picante tiñan, que remataron por intoxicar os petos dos aforradores galegos. É o Banco de España o que deixou que os directores dos bancos se foran de rosiñas cos petos cheos.
Por iso eu digo que cando nos dirixamos a nosa oficina bancaria "de confianza", pidamoslle ó director de turno que lle chame " ó pan pan e ó viño viño", por que seguramente mentres nós estamos a contratar outro deses "explosivos productos" o Banco de España seguirá no seu letargo no que leva sumido dende que naceu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario