sábado, 22 de febreiro de 2014

A cultura a orde do día.

Dende Alborexar seguimos a traballar para poder levar este proxecto adiante , o outro día levamos a cabo unha pega de carteis polas rúas de Ourense , para que quen este interesado en unirse a nosa gran familia poida sen ningún tipo de problema.

Por outra banda , tras ter problemas técnicos co concerto pódovos asegurar que xa que o día 1 de marzo non é dispoñibel para poder realizalo, tentarase facer o máis pronto posíbel e dirévomolo esta semana como moito tardar.

Durante este tempo que estivemos ausentes , levamos a cabo a realización dun  ¨Manifesto¨ por parte do Seminario de Politoloxía que pronto subiremos para que o apreciedes con soltura e comentedes o que pensades sobre ese traballo.Tamén , gustaríame informarvos que se produxo un cambio dentro da noso equipo , xa que o apartado de ciencia agora é levado por Jorge Cordero Bermúdez que coa súa gran experiencia no mundo da ciencia damos un salto de calidade na nosa forma de traballo.

A parte de todo esto , engadimos a tres persoas máis e moitos interesados en unirse a nós , pero non é suficiente fainos falta máis xente , Ourense ten que ser escoitada por  todo o mundo , que quere e defende a súa cultura e ser importante.Temos varios proxectos entre as mans , un deles a presentación formal e outras moitas máis sorpresas.

                                                                                     Un saúdo do Director de Alborexar.