BENVIDOS
Por Jorge Cordero
Non quería inaugurar esta sección sen dirixir aos lectores unhas palabras de benvida.
Como podedes ver, esta é a sección de ciencia do blogue. Pola parte que lle toca ao noso seminario, tentaremos lanzar desde esta plataforma artigos e iniciativas relacionados co tema e que poidan ser do voso interese.
A preocupación fundamental deste apartado, será achegar esta, ás veces, complexa materia ao público máis principiante, e espertar o espírito científico que poida latexar no voso interior. Tamén tentaremos buscar e dar a coñecer a identidade científica de Galicia ao longo da Historia, así coma os acontecementos, iniciativas ou novidades que lle dan forma na actualidade.
A Ciencia é algo presente nas nosas vidas acotío. Alimentos, vehículos, fármacos ou útiles electrónicos son só algúns exemplos de obxectos elaborados grazas ao saber científico e á técnica. Por iso e pola súa importancia no desenvolvemento e progreso da sociedade, consideramos que é importante inculcar unha conciencia e un pensamento científico, como parte de ese grande conxunto que é a cultura.
Farémolo, así mesmo, en galego, no afán de demostralo coma lingua válida para a ciencia e a divulgación.
De aquí en adiante, os membros do seminario iremos colgando artigos, novas ou anuncios relacionados, periódicamente e con certa regularidade.
Que a sección dé comezo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario