Un soño fermoso
Por Carolina Outomuro
Aquela noite estaba moi cansa e o soño non tardou en levarme ao seu particular universo. Non lembro os outros soños que tiven durante a noite, pero si recordo o que vivín antes de espertarme.
Estaba nun bosque, todo verde e cheo de vida. Eu camiñaba sen rumbo aparente cando me atopei cunha fada. Era pequechiña, cun rostro fermosísimo e delicado cabelo coma os fíos dunha telaraña, ás de bolboreta e un corpiño do tamaño do dedo meñique cuberto con pétalos das flores máis fermosas. Ela revoloteaba ao meu redor envolta nunha luz branca e insistía en que a seguira. Lembro confusamente o que pasou durante o camiño, creo que comezaron a saír cada vez máis criaturas máxicas. O que sí recordo con claridade foi que ao final del, a fada levoume a un claro do bosque e fíxome agardar no medio del. Pasado un breve instante volveu e deume unha semente de cor plateada. Nada máis estar na miña man, comezou a crecer. A fada pediume que a coidara.
Despois diso, espertei nun mundo completamente oposto; cheo de asfalto, prisas e do que está desaparecendo o verde.
coodar
O cárcere de Dánae
Por Carolina Outomuro
Intentara escapar daquela celda máis veces das que me gustaría recoñecer, todas elas sen éxito. Tantas que xa comezaba a notar como unha parte de min empezaba a aceptar que nunca ía poder volver a ver a luz do sol, que ía morrer naquel receptáculo no que meu pai me encerrara; mentres que outra parte non quería renderse e animábame a seguilo intentando, fosen cales fosen as consecuencias. O que máis me anoxaba desta situación era que non coñecía o porque do meu encerro. Atopábame baixo terra, nun cárcere de bronce e dous guardiáns que se aseguraban de manterme con vida e de impedir que tivera contacto con calquera persoa. Coa única coa que me permitían falar era coa miña nai, que baixaba para ver como estaba e pedíalle que me contara como estaba todo por Argos. Incluso había veces que me falaba do que fora durante uns breves instantes o meu prometido ata que meu pai cambiou drásticamente de opinión despois da súa viaxe ao Oráculo de Delfos. Tan desesperada estaba que recei tantas veces aos Deuses do Olimpo que non sabía a cal deles pedirlle axuda, e naqueles intres nos que rogaba por auxilio, tiña a sensación de que alguén me escoitaba, de que por un momento non estaba soa. Porén, malia aqueles pequenos instantes de cordura, xurdían outros moi doorosos, e os peores eran os soños, sobre todo ó espertar; pois soñaba cada noite con que era libre e que o sol iluminaba e quentaba a miña pel cos seus agarimosos raios de luz. E, cando remataba e espertaba, volvíame a atopar coa realidade e doíame tanto a miña falta de liberdade... Ata que un día, cando entraron os guardiáns para traerme a comida, ambos caeron de súpeto nun profundo soño. Eufórica porque as miñas pregarias foran escoitadas, marchei daquel cárcere e escapei do palacio sen saber moi ben a onde dirixirme. Ante min apareceu unha moza de cabelo louro e impresionantes ollos da cor do bronce. Tendeume a man e díxome que a seguira. Sen pensar en nada máis, así o fixen, e levoume ata o porto no que me ordeou que subira nunha pequena barca e pregunteille que por que me axudaba a escapar. -Eu simplemente podo dicirche que teño a obrigación de protexerte e dicirche que levas no teu ventre o fillo do Rei dos Homes e dos Deuses, pois unha noite, o que ti consideraches un soño, foi real, e xaciste con Zeus, transformado este nunha chuvia de ouro. Agora parte, e escolle ti o destino que queiras para ti e para o teu fillo. Quedeime de pedra e a misteriosa muller desapareceu entre a multitude. Permanecín uns intres tratando de asimilar a nova, que levaba dentro de min o fillo dun deus. Instintivamente, a miña man foi acariñar o meu ventre,e sen decatarme, un sorriso cubriu os meus beizos. E, decidida, zarpei naquela barca rumbo ao descoñecido, coa recobrada sensación de liberdade e coa seguridade de que, pasara o que pasara, tiña a alguén que velaba por min dende as alturas.
Silencio na noite.
Cando te vexo sorrir na noite,
e espreguizar eses ollos de morte,
recorres por todo o meu lombo,
un solo, un duro golpe.
Na terra que xa nos desterra,
ó desexo e a morte silandeira,
que mentres te miro noite enteira
polas noites buscas quen te queira.
Como carne que esvara en silencio,
polos osos do bo e o sedento,
escoitote negro silencio,
e de verte xa so esmorezo.
Unha rima que abrolla sen versos
un cantar que fai duro o silencio
o silencio que berra calado
un calar que runxiu sempre escelso.
Por Serxio María
O Seminario de Lingua da Asociación Cultural Alborexar, ratifica os posicionamentos da RAG perante a palabra polbo.
Logo de que se lle propuxera á Real Academia Galega, incluir o castelanismo pulpo como palabra normativa os membros do Seminario de Lingua Galega de Alborexar, xa manifestamos o noso desexo de velar pola única palabra normativa polbo.
Dende o seminario de lingua parécenos, abertamente un escándalo tentar ferir a lingua introducindo castelanismos, lusismos ou solecismos. Por iso manifestamos públicamente a través deste comunicado o no apoio a Real Academia Galega, a cal xunto ó Instituto da Lingua Galega, recoñecemos como únicas autoridades normalizadoras para o galego.
Co rexeitamento de castelanismos axudamos a nosa lingua a ser máis pura limpa e correcta, a continuación remitímoslles o comunicado da Real Academia Galega.
"A Real Academia Galega ratifícase na súa escolla de polbo como forma normativa recomendable, tal como estableceu xa no seu Vocabulario ortográfico da lingua galegae no Dicionario da lingua galega, polas seguintes razóns:
1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que "entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira".
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo."
A POESÍA NOS NOSOS DÍAS, AUTORES E REFLEXIÓNS.
Por Serxio María.
A finais do século XX e comezos do século XXI, prodúcese un renacer da poesía galega, estes escritores que van dende 1975 ata os nosos días serán os autores dunha obra escrita nun periodo democrático e no cal o galego foi recoñecido como a lingua propia de Galiza e cooficial xunto ó castelán. comezarán a inzar un grupo prolífico de batallóns literarios e asocicións culturais. Cabe destacar que consonte á poesía formaronse grupos nas principais cidades galegas. O grupo Rompente en Vigo, o Grupo Cravo Fondo na capital nacional Santiago de Compostela, O grupo de Amor e Desamor na Coruña ou o grupo Dolmen en Ourense. Será nos anos setenta cando se produza o gran cambio na poesía galega que virá marcado pola publicación en 1976 do poemario de Xosé Luís Méndez Ferrín, "Con pólvora e magnolias", que escenifica dun xeito escepcional cal é o significado deste novo facer poético. Os poetas que logo describiremos dentro da xeración dos oitenta seguirán unha liña máis culturalista arredada do combativismo social da etapa anterior, preocuparanse por temas como a simboloxía das cores, os mundos míticos e o erotismo de tono amoroso. A xeración dos noventa será sen lugar a dúbidas unha xeración feminina os temas seguirán a ser os que xa trataran anteriormente as xeracións dos setenta e oitenta.
Un dos grupos máis influintes é o que representa o grupo cravo fondo que se definía como revolucionario da poesía con autores como Xesús Manuel Valcarcel, con obras dun gran potencial filosófico como "Tránsito" ou "Rosa clandestina".Tamén destaca a voz feminina de Helena Villar, con obras cromáticas e multiperspectivistas en canto ó suxeito, con "Alalá" ou "Festa do corpo", tamén esta destacou por ser membro da Asociación Cultural O Facho de Santiago de Compostela. E digno de mención o gropo rompente de vigo con autores comoAntón Reixa que sentou as bases para unha poesía subrealista en "As ladillas do trabelo" ou "Viva Galiza ceibe", tamén destaca unha poesía máis relaxada e realista cultivada por Alfonso Pexegueiro con títulos como " Seraogna" ou"Círculos de auga", estes autores vigueses están marcados polas novas vangardas ó igula que o coruñés grupo de Amor e Desamor, no cal destacou Lois Pereiro como máximo representante con unha linguaxe pesimista e negativista fronte a vida en Poesía última de amor e enfermidade ou Antoloxía outros autores relevantes da época son Pilar Pallarés cunha obra marcada pola combatitividade política e o pacifismo é autora de "De amor e desamor" e "Construir a paz", consonte a Miguel Anxo Fernán-Vello, autor tamén desta época, participa na obra conxunta de "De amor e desamor" e publica "Do desexo en corpo e sombra", coa temática renovada da época.
Na catualidade segue a cultivarse a poesía en parte a través de autores das etapas anteriores e outros como Fran Alonso, que busca unha poesía sinxela e adsequible en obras como "Poetízate" , a poesía dos noventa buscaba rachar co rigor e o formalismo da etapa anterior a pesar de que as temáticas sigan a ser parellas. Búscase a chegar a poesía ó lector. os autores desta época son, moi influenciada por Novoneyra a poetisa Chus Pato, con obras como "A cousa Vermella" ou autores como Chus Pato, que no seu afán rupturista di nas súas propias palabras que persegue a non naturalidade das palabras bo exemplo é a obra "Alma de beiramar". Nesta época enclabase o nacemento da da Asociación Cultural Alborexar como movemento cultural nado en 2014, que leva a cabo actividade literaria, con mozos interesados no ensaio e na poesía.


Ningún comentario:
Publicar un comentario