-CINE

NOÉ

Por Diego López

Aproveitando a semana santa, fun ver o que o cine dese momento ofrecía, pouco máis que un par de películas de debuxos animados que ,aunque divertidas, non era precisamente o que buscaba asi como unha  comedia española e un  par de películas romanticonas cos clichés característicos destas .O único que me interesou un pouco foi Noé que segue na ola da afamada seria A biblia para expresar os escritos critiáns ao público actual, a primeira vista parecíame outro triste intento de adaptación da relixión ao cine pero pasei a vela posto que non tiña nada que perder así que collín unhas palomitas(que ao pasa que vamos un kilo desta valdrá máis ca o ouro) e un refresco e senteime a ver con que loucura presentábase Darren Aronofsky despois de Cisne Negro. ALERTA SPOILERS!

Se ben esta película ten como errores garrafais a confusión da trama no final con demasiados intereses por parte de cada personaxe(así como algún puntos fracos nesta historia) ,o intento de lanzar demasiadas mensaxes moi fortes na mesma película o que fai que a confusión e o caos reinen nalgunhas partes do filme e un exceso  masivo de efecto especiais (na miña opinión) non obrigados tamén ten puntos moi fortes a favor como encaixar novas pezas na xa debandita trama bíblica : anxos caídos, un tercer fillo de Adán do cal a familia protagonista é descendiente así como unha civilización de descendentes de Caín  industrializada que drestrúe e corrompe o mundo só para sacar beneficios efémeros(cough, cough ,Avatar, perdón pola tos) así coma alguna que outra sorpresa que vos prefiro non desvelar daranlle a esta oxidada trama un novo tono máis actual.A magnífica encarnación de Rusell  Crowe nun Noé moi distinto o da Bíblia e películas anteriores,esta vez máis escuro , estranamente mestre de artes  marcíais e vexetaliano que fará que en cada escea mires en ti mesmo para buscar a túa humanidade(xa sexa apelando a ela ou a súa falta) tamén é un punto a favor ademais os outros actores:Jennifer Connelly( que interpreta case a perfeción o papel de Naameh ,esposa de Noé), Emma Watson(encarnando a la filla postiza de Noé), Anthony Hopkins(no papel de Matusalén no cal que demostra que ata nas películas onde hai un apocalipse bíblico un pode rirse), Ray Winstone(no papel de Tubalcaín ,“malvado” xefe dos cainians), Logan Lerman(no papel de Cam, fillo mediano rebelde de Noé), Douglas Booth(no papel de Sem ,fillo maior de Noé)e Leo McHugh Carroll(no pepel de Jafet, fillo menor de Noé) tamén dan a trama unha boa interpretación, que sería excelente se Emma Watson deixase o seu ton de Hermione sabelotodo e aprendese a no sobreactuar nos momentos culme,Logan Lerman tivese algún carisma e Leo McHugh Carroll non fose un irritante boneco de madeira.

O verdadeiramente bo desta película é que ,pese a sur un pouco comercial,fai pensar sobre o ser humano ,sobre o ser interior ,a maldade que late dentro de cada un e que ninguén pode xulgarnos excepto Deus(o cal en vez de intentar falar para arranxar o poblema lanza unha inundación que mata a milleiros de persoas inocentes. Deus é amor …pola masacre),o que me leva o seguinte punto : o fanatismo relixioso(representado Noé) que porá por riba Deus antes ca a súa familia pero, nun acto que recorda a Abraham pero esta vez sendo el mesmo o que se detén casi mata as súas netas. Tampouco faltarán as alusións a dúas filosofías vitais completamente diferentes(conservadurismo sen concesións contra explotación descontrolada) ,pecados como a codiacia ou a luxuria e mesmo as relación paternofiais .Por todo isto considero que un 7,5/10 é perfecta para e tal boa película que debería ten unha secuela máis pronto que tarde.


GUION CURTAMETRAXE EN GALEGO

Por Alex Sueiro

Aquí vos deixo un guion en galego feito por min, dádelle clic no enlace e poderedes velo en liña, espero que vos guste, saúdos! 

Xabarín Club, apostando sempre pola animación de calidade.

Por Xabier Sobrado.

A Televisión de Galicia ten defectos, como todo neste mundo, pero dende logo, o espacio xuvenil Xabarín Club non é un defecto, senón un dos maiores acertos da historia da nosa canle pública. Xa lles gustaría ás canles públicas nacionais ("La 1", "La 2"...etc.) a riqueza que o Xabarín ten e tivo no ámbito da animación.

Para comezar, o deseño das personaxes propias, a cargo do debuxante e guionista de banda deseñada Miguelanxo Prado, quen recentemente gañou o premio a Mellor Cómic Nacional pola súa fantástica obra Ardalén. Se imos aos debuxos animados de importación é incrible a cantidade de obras maestras da animación que atopamos. Pola liña europea temos a italiana Corto Maltés, obra que ten orixe na obra homónima do debuxante italiano Hugo Pratt. Tamén a recoñecidísima liña franco-belga tivo participación xunto ao porco máis animado da nosa terra. Ambos baseados nas obras de banda deseñada homónimas, As Aventuras De Tintín e Astérix O Galo, son recoñecidas como clásicos indiscutibles da animación. Voando a oriente, concretamente a Xapón, tamén temos variadas ofertas de calidade. Unha das máis e mellor recordadas é As Bolas Máxicas, baseada no cómic de Akira Toriyama Dragon Ball, obra considerada unha das máis importantes da historia o país do sol nacente. Tamén tiveron o seu lugar, antes ou depois, One Piece, de Eiichiro Oda; Sailor Moon, de Naoko Takeuchi e mesmo Neon Genesis Evangelion, creada por Hideaki Anno e o estudo Gainax, un dos mellores do mundo. Curiosamente esta serie é completamente para espectadores adultos, xa que trata temas tan complexos e diversos coma a psicoloxía freudiana ou a anxeoloxía abrahámica. Concluíndo, Xabarín Club formou parte da vida de moitos de nós e estou por asegurar que moitos non seríamos os mesmos se non houbésemos recibido esta influencia. Deixaremos o gran aporte musical cos míticos videoclips para outro artigo. Saúdos!



American Hustle (A Gran Estafa Americana)



Xa pasada a cerimonia de entrega dos premios Oscar, aconteceu o 2 de marzo, gustaríame falar dunha película que, estando nominada a 10 das desexadas figuras, non gañou nin a primeira. Esta é "American Hustle" ou, como chegou a España: "La Gran Estafa Americana". Creo que é unha película de extremos, e non me refiro ao contido da historia, senón aos que, dende o meu punto de vista, son os puntos fortes e os puntos débiles do filme. Empezando polos débiles creo que podo falar da historia, quizais demasiado sinxela para querer parecer unha cousa complexa e innovadora. Non vai máis alá da historia de dous estafadores que acaban por ter que traballar coas forzas da lei. Esta é a gran estafa da película, unha historia frouxa, simple, mesmo mediocre e aburrida pintada como unha obra divertida e transgresora. Pero non todo é malo, precisamente son os puntos fortes os que enmacaran por completo a estafa da historia. Para comezar, a música. "American Hustle" goza dunha boísima recopilación de temas de rock clásico (Electric Light Orchesta, Elthon John...) a modo de banda sonora. Tamén se mete algún que outro tema máis suave, coma os compases jazz de Duke Ellington. E por último ven, o gran punto forte deste filme, as interpretacións. O galés Christian Bale, tras engordar de modo considerable, ofrece unha interpretación de moito nivel, ao igual que a súa acompañante e coprotagonista Amy Adams. Nos papeis secundarios vemos a uns moi acertados Jeremy Renner, quen me sorprendeu, e Bradley Cooper, pero, o mellor é o que nos ofrece a nova moza de Hollywood. Jennifer Lawrence fai, como xa nos está acostumando, un papel estratosférico. Cando esta moza de tan só 23 anos aparece en pantalla é cando realmente a película cobra sentido e divirte. Todos estes, agás Jeremy Renner, foron nominados ao Oscar na súa categoría correspondente. En xeral, unha mala historia que unha boa música e unhas excelentes actuacións transforman en boa película.



Puntuación: 7/10.






“O ano no que cumprín os 26 gañei 49 millóns de dólares, e iso cabreoume, xa que só por 3 non cheguei ao millón á semana”

               O dueto Scorsese-DiCaprio volveu a facelo, volveu a facer que pagar unha entrada de cine deixe bo sabor de boca. Co Lobo, Scorsese cóntanos a historia real baseada no libro homónimo de Jordan Belfort, corredor de bolsa durante os anos noventa que se fixo rico coa súa empresa Stratton Oakmont vendendo accións de a centavo e timando á xente e operando á marxe da lei. Mediante a sátira ao mundo das altas esferas e o descontrol preséntase ante nós unha das que pode ser unha das películas máis divertidas e ben feitas dos últimos anos.Vemos como Belfort levanta un imperio da nada e axiña ponse a gañar miles e miles de dólares, ademais de presenciar os seus derroches de diñeiro en drogas, prostitutas e alcohol. Posteriormente vemos a súa caída, propiciando un gran final non carente de reflexións. Mediante un humor negro sempre presente no filme, Scorsese é quen de nos narrar unha historia triste pero que fai que empaticemos cos personaxes.

            En canto á película, presenta poucos defectos; a pesares da súa duración de tres horas faise entretida e atrativa para o público, e fai que non te despegues da cadeira nin un segundo, grazas á súa historia e o seu humor constante. Tras películas de corte máis “seria” como pode ser Shutter Island, preséntasenos unha película fundamentalmente de humor, pero que esconde unha moralexa e serve de sátira contra o mundo das altas esferas laborais e contra a vontade humana mesma. O camaleónico DiCaprio volve impresionarnos coa súa interpretación dun rico sen escrúpulos, pero co que somos quen de empatizar e rirnos das súas desgrazas. Xa en Shooter Island veramos ao mesmo dueto Scorsese-DiCaprio facer unha gran película cun final sorprendente.  O resto do elenco de actores non se queda atrás: vemos a MacConaheuey saírse tendo soamente nos dez minutos aproximadamente que sae, participando nunha das escenas máis famosas da película. Tamén vemos a un espléndido  a Jonah Hill, quen anteriormente estaba encasillado en películas de comedia “pasábeis” coma “Supersalidos” saíndose facendo de mellor amigo de Belfort e desenvolvendo un papel moi ben interpretado, que lle concedeu unha nominación ao Óscar.

            O humor presente durante o filme corresponde aos tintes do humor negro e desenfrenado, resultando políticamente incorrecto para moitos nalgúns casos pola súa salvaxidade e carencia total de reparo algún en “censuras”. O feito de convertir unha historia a priori “tópica”, ao se tratar da historia de auxe e caída vista por exemplo en Scarface, nunha película humorística, facendo das desgrazas humanas motivo de risa é un gran logro por parte dos guionistas, que fan un traballo magnífico á hora de facernos rir e reflexionar inconscientemente co que vemos na pantalla. Aparte dos constantes gags, o guion inclúe algúns  momentos, coma os discursos realizados por Belfort aos seus empregados, cargados de melancolía e sentimento. A historia presenta uns puntos de corte ben postos, cun guión ben montado e fluído reitero, facendo exhibición dun humor negro brutal; mais debido a isto mesmo, o seu total desparrame de humor pode non resultar atrativo ou semellar “ofensivo” para o público máis sensible ou conservador. Quizais por isto mesmo tivo dificultades para sobresaír nos Óscar.

            Os apartados técnicos bríndannos un montaxe audiovisual espléndido, cunha banda sonora acorde aos momentos nos que se desenvolve a acción e axudando a meternos na película. Destaca a sorprendente intervención dos Foo Fighters, cuxa canción “Everlong” aparece no filme. Os xiros de cámara, proporcionando unha gran contraposición de planos e axudando a facer máis levadeiro o desenvolvemento da acción, así coma o vestiario, ben inspirado na época, fan do apartado fotográfico un dos máis notables.

            E ben, Scorsese tráenos unha película que repasa algúns temas presentes na sociedade de hoxe en día: a corrupción, as ambicións sen control dos seres humanos, o desfase e o sincontrol, e os cambios que produce a riqueza na xente. Mais o tema de contalo todo mediante unha gran sátira humorística fai do Lobo unha experiencia cinematográfica moi grata. Personalmente, creo que é unha película digna de ver; dende o meu punto de vista DiCaprio merecía o Óscar a mellor actor, non só por xustiza divina e polo resto da súa carreira, proporcionándonos maravillosas interpretacións noutras produccións súas, senón pola magnífica interpretación que fai de Belfort. É incrible. O feito de que este filme quedase tan corto nos Óscar da moito que pensar, xa que a crítica, e non soamente eu, a aclama. Se queres ver unha película e sobre todo es aberto de mente, o Lobo encantarache. É unha película que atrae, sexa polo seu apartado visual, musical, ou porque queiras simplemente pasar un bo rato no cine. Facía moito que non me divertía tanto no cine, e, sinceramente, volvería a pagar unha entrada para volvela a ver, e poucas películas teñen ese toque máxico de facer reflexionar e deixar coa boca aberta.

            ¿Recoméndoa? Mandaríavola ver.






"CUENTO DE INVIERNO"


Mostrando conto de inverno.jpg


Esta película mezcla un argumento sinxelo, un ladrón que escapa do seu xefe que termina namorándose dunha muller rica e enferma de tisis no século XIX e que ermanece sen envellecer ata a actualidade e consegue salvar da morte a unha nena enferma de cancro. Todo isto, mezclado con fantasía e co tema da eterna loita entre o ben e o mal, e unha cousa que chamou a miña atención foi que había guías espirituais na película e que daba a entender que tódolos seres humanos levamos un "pequeno  milagre" dentro de nós e que cando se cumplía, ao morrer saíannos ás e transformábamonos en estrelas.

Quizais demasiado romántica ou empalagosa para algúns, a verdade é que iso de que podemos chegar a converternos en estrelas cando morremos pareceume unha idea fermosa, no sentido de que a túa alma pode chegar a ser tan fermosa que remata convertida en luz.

Outra idea que me chamou a atención é o constante enfrentamento que hai entre os "demos" que hai na vida do protagonista, incluso os seus propios. Penso que non hai mellor forma de contar que cada un ten que enfrontarse cada día aos seus propios medos, inseguridades e a súa "parte escura".

Na película, cabería destacar a presencia de Will Smith no papel de Lucifer e a de Collin Farrel como protagonista e Rusell Crowe como antagonista.

A min pareceume unha boa película e botaba de menos esa clase de filmes.


                                                                                     Por Carolina Outomuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario