QUEN SOMOS?

Somos unha asociación cultural, galega que propugana os valores de traballo e defensa da lingua por riba de tódalas cousas, queremos recuperar ese alborexar dourado que coa xeración NÓS ou coa asociación intelectual Auria, tivo a cidade de Ourense nos pasado.

A nosa é unha vontade galeguista, dende as nosas raices que instituimos aló por comezos do século XX coas Irmandades da Fala, e que culmina hoxe con "Alborexar", cremos que a acción política é un campo moi importante de traballo, mais por riba deste sen lugar a dúbidas debe estar o traballo cultural.

O noso é tamén un compromiso ferreo coa lingua, símbolo do noso caracter nacional e diferenciador, unha lingua útil no mundo a través do portugués, pero a un tempo con cheiro a celta, pola nosa innegábel tradición celta e antiga. Mais o nos compromiso é actual, cremos profundamente que é a hora de comezar a normalizar o idioma.

Organizámonos en seminarios para tratar de atender na medida do posíbel tódolos campos da cultura e do movemento social galeguista actual. O noso lema podería ser entón "Cultura, Lingua e Terra".

Ningún comentario:

Publicar un comentario