-MÚSICA



O Directo Para Radio 3, de Siniestro Total.



Aló polo ano 2005, concretamente o día 26 de setembro, o grupo Siniestro Total realizou unha interpretación en directo para a emisora Radio 3. Lonxe de tocar os míticos "Miña Terra Galega", "Bailaré Sobre Tu Tumba" ou "Assumpta", os vigueses optaron por interpretar temas descoñecidos e de dudosa fidelidade á estética punk que a banda adoitaba amosar anos atrás, durante a Movida Viguesa. Así, comezaron cun tema chamado "Los clavos de Cristo", de temática claramente satírica, esta é unha canción na que se poden ver influencias do rock progresivo máis puro de Pink Floyd. Case se pode definir como un tributo aos autores de "The Wall", aderezado cunha sempre divertida crítica anticatólica. O segundo tema foi "El Loto Azul", de aires semellantes aos do último traballo da banda "Country & Western". Antes de "Eterna Relación", chegara o momento de Julián Hernández, vocalista, guitarrista, batería e líder do grupo, que arrancou cunha das súas divertidas presentacións: "Ola, boas noites, bos días, boas tardes, benvidos a este programa. Diversión, entretemento filosófico e existencial. Esta noite imos proceder a un coloquio e eso. Ímolo disimular porque vai ser moi duro para os oíntes, así que aquí o que van escoitar será 'playback' e nós imos proceder a espirnos neste estudo musical radio 1, de Radio Nacional de España, que como saben, é a súa casa".  Este terceiro tema acercouse máis ao punk. Seguiron con "El Mercado Fluctúa", "alegoría" do mercado musical. A continuación "Amarrado al duro banco", rock suave definido por Julián como: "Unha terrible canción sobre a desgraza de ter unha hipoteca, ou o que é o mesmo, calquera persoa". A seguinte, a tirando a blusera "Por un amor", e antes, como non, unha presentación de Julián: "Amádevos todos, pero sempre dende un aspecto revolucionario do amor, marxista-lenninnista", e, efectivamente, a canción mestura amor e dereitos do proletariado. No penúltimo lugar, "Bésame, soy gallego", toda unha petición moito máis cerca das orixes da banda. Para rematar, "Monstruos", un tema que, en partes semella ao primeiro, e en partes ao aire contemporáneo do grupo. Dende o meu punto de vista, o máis destacable dos temas é o primeiro, "Los clavos de Cristo". Concluíndo, Siniestro Total sempre consegue, dalgún modo, dar a nota, e nunca mellor dito.



ROCK LOCAL DE OURENSE:

New Day Rising



Este cuarteto ourensán cheo de enerxía pero aínda comezando as súas andainas no mundo da música, alá polo mes de febreiro de hai un ano daban o seu primeiro concerto na sala aberta de Salesianos baixo o nome de "Rockslave", pero non se limitan a tocar cancións doutros grupos, senón que traballan para ter música co seu selo.
   
 O pasado mes de agosto cambianlle o nome á banda por o de "New Day Rising" e tamén collen unha nova cantante. Este é o momento no que toman a decisión de ir máis en serio con isto do rock, e así poucos meses despois graban uns temas propios nun pequeno estudio no barrio ourensán da Carballeira. O resultado desa grabación son catro cancións que se coverten no seu primeiro EP, Wasting Time, unha conxunción entre o son de Cage The Elephant e a guitarrada do punk; todo iso cunha actitude e unha delicadeza (aportada en boa parte por unha potente voz feminina) ao máis puro estilo Indie. Escriben as letras en inglés xa que os grupos dos que se influencian son de fala inglesa ainda que non descartan compoñer tamén na lingua de noso, o galego, e na lingua de Cervantes, na que xa compuxeron un tema, "Cuidado con la lluvia".
    
Na actualidade a banda encóntrase nun parón de concertos ata verán, a última actuación do cuarteto foi o pasado 14 de marzo no café cultural Auriense con motivo da inauguración desta nosa asociación; así e todo comezarán neste tempo a grabar o videoclip do tema My Bloodshot Eyes, a primeira canción do EP. Por isto debemos permanecer atentos ao seu Twitter (@NewDayRising_Ou) no cal irán informando sobre todas as novas do grupo e onde publicarán todo o que suban á sua canle de Youtube (NewDayRisingOficial).
  O rock alternativo non morrerá no noso país se bandas mozas como ésta, New Day Rising, seguen traballando, medrando e facendo música nova.

  

2 comentarios:

  1. Quixera saber os contidos do curso de música, pois pódeme interesar.

    ResponderEliminar
  2. É un pracer recibir esta mensaxe , por favor , se che parece ben falamos polo correo electrónico , mándanos a mensaxe a alborexarourense@gmail.com

    ResponderEliminar