sábado, 18 de xaneiro de 2014

NOVA PARA O CONCERTO DE APERTURA.

Concerto de apertura:

A partir de hoxe , os grupos interesados en participar no noso acto inaugural gustaríanos que nos mostren a súa intención por tocar e demostrar que realmente todos teñen un gran potencial.Gustaríanos ter conversas cos grupos interesados para saber as intencións de cada un e tamén simplemente para amosarlles o proxecto para que vexan que imos enserio e que somos unha asociación que ten moi claro o que quere facer e que vai traballar para cumplir os obxectivos.

Para iso tedelo moi fácil contactade mediante o noso twitter (@Alborexar) unha mensaxe privada ou mandádenos un correo electrónico a dirección oficial que é a seguinte : alborexarourense@gmail.com

Esperamos que vos animedes e nos axudedes , grazas polo voso tempo.

Opinión sobre a Asociación.

PARA ALBOREXAR:

Nestes tempos que vivimos a cultura vese minorizada e o seu espallamento é menor; á xente preocúpalle máis comer e dormir que ter alguna noción da realidade onde vive. Viven encerrados nos seus mundos cheos de soidade e vagancia cegos sobre o mundo que os rodea.

Realmente teño boas vistas acerca deste proxecto. Teño a sorte de coñecer á maioría dos seus membros e podo dicir que son xente que realmente ten a iniciativa e a disposición necesarias para desenrolar un proxecto de tal calibre. Alborexar pretende darlle a volta á tortilla: abrir a mente, espallar cultura, coñecemento e diversión; facer un proxecto común e sen malas intencións con vistas a desenvolver numerosas actividades; é unha iniciativa que, se está ben organizada, pode resultar xenial. Eu non son membro, ao menos de momento, senón colaborador; traballarei man a man con eles no que poida, tanto no blogue coma nas diversas actividades que se van planear facer.

Persoalmente, paréceme que a intención é boa, e os obxectivos, lexítimos; culturalizar á xente, mediante a organización de debates, seminarios ou coloquios é unha forma moi boa de espallar a cultura e permitir a creación de diversas opinións e correntes de pensamento entre a xente. E é que non son máis ca un grupo de xente nova, que divertíndose e desenvolvendo actividades pretende compartir o quelles gusta ou no que saben mais ca os demáis: xa sexa música, deporte ou cine, preténdese facer chegar á xente unha mensaxe positiva acerca da creación e do desenvolvemento do ser humano coma persoa racional, dende unha perspectiva tamén galeguista, tendo en conta a terra de Galicia, resaltando tamén a nosa cultura, arte e literatura propias.

Alborexar, malia que acaba de nacer, pódese converter nun proxecto moi interesante, cargado de creatividade, diversión e boas intencións. Agora é o turno de traballar a prol dos obxectivos, e necesita á xente, ao público, para facelo funcionar tamén; é unha iniciativa aberta a todos, da que todos podemos disfrutar. E eu, dende a miña postura de colaborador, tentarei axudar en todo o que sexa posible. 


Deséxovos moita sorte rapaces.

Boa sorte, Alborexar!

venres, 17 de xaneiro de 2014

Futuro Prósprero.

Asociación Cultural Alborexar.

A primeira reunión levounos ós integrantes a compadecer na nosa sede , para comezar a traballar moi duro dende o primeiro momento.Os temas a tratar foron a formación dos seminarios , coas suas consecuentes votacións e comezar xa a visualizar proxectos no horizonte non tan lonxano.Polo momento o noso obxectivo é ir trballando semanalmente e preparando o que será a nosa gran posta en escena , para iso tamén necesitamos que vós participedes e axudedes , porque temos que recordar que a parte máis importante de todo isto sodes vós e voso disfrute da nosa gran cultura.

A partir de agora comezaremos unha nova etapa, para iso estaremos organizados da seguinte maneira ,da forma máis eficiente posíbel:

-Director : Samuel Vázquez González.
-Secretario e tesoreiro

SEMINARIOS:

-Seminario de Música: Alex Dasilva Alonso e Mauro Martínez Sánchez.
-Seminario de Desenvolvemento Político: David Alonso Soto.
-Seminario de Deporte Galego: David Alonso Soto e Samuel Vázquez González.
-Seminario de Ciencia: Diego López-Navarro Guerrero.
-Seminario de Lingua e Literatura:Serxio María Rodríguez Álvarez.
-Seminario de Cine: Mauro Martínez Sánchez.
                      *Colaborador:Alejandro Sueiro Paz.
-Seminario de Ocio e Xuventude: Serxio María Rodríguez Álvarez 
                

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Comezamos ,con moita ilusión.

Dende Alborexar , como director que son , quería dar as grazas en nome meu , do meu secretario e de todas as persoas que fundamos esta asociación. A todos se nos foi a vista algún día , nos libros de galego , nas enciclopedias , apreciabamos  nomes coma a ¨Xeranción Nós¨ ou mesmo ¨As Irmandades da Fala¨ , homes que foron capaces de cumprir todos os seus obxectivos, de quedar na memoria de todos os galegos e de facer historia.

Coma eles, nós, tamén  inadaptados, no ano 2014 , tamén desexamos facer historia , nesta cidade Ourense e na nosa terra , Galiza , desexamos modernizar a visión da cultura galega en todos os sentidos do termo.A cultura galega viviu sempre moi suxeita a estereotipos , sen evolucionar coa sociedade e ahí entramos nós , como xa dixen , os inadaptados , buscando actualizar esta cultura tan esencial para o futuro de todos os galegos e sobretodo , aprender a disfrutar e pasalo ben na cidade de Ourense cos nosos actos e  nun futuro en toda Galiza.

Dende a nosa Asociación só podo anticiparvos que  esperan moitas sorpresas que deixaran a moita xente da cidade anonadada , como xa dixen antes , moitísimas grazas pola aceptación na nosa entrada nas redes socias.