PARA ALBOREXAR:
Nestes tempos que vivimos a
cultura vese minorizada e o seu espallamento é menor; á xente preocúpalle máis
comer e dormir que ter alguna noción da realidade onde vive. Viven encerrados
nos seus mundos cheos de soidade e vagancia cegos sobre o mundo que os rodea.
Realmente teño boas vistas acerca
deste proxecto. Teño a sorte de coñecer á maioría dos seus membros e podo dicir
que son xente que realmente ten a iniciativa e a disposición necesarias para
desenrolar un proxecto de tal calibre. Alborexar pretende darlle a volta á
tortilla: abrir a mente, espallar cultura, coñecemento e diversión; facer un
proxecto común e sen malas intencións con vistas a desenvolver numerosas
actividades; é unha iniciativa que, se está ben organizada, pode resultar
xenial. Eu non son membro, ao menos de momento, senón colaborador; traballarei
man a man con eles no que poida, tanto no blogue coma nas diversas actividades
que se van planear facer.
Persoalmente, paréceme que a
intención é boa, e os obxectivos, lexítimos; culturalizar á xente, mediante a
organización de debates, seminarios ou coloquios é unha forma moi boa de
espallar a cultura e permitir a creación de diversas opinións e correntes de
pensamento entre a xente. E é que non son máis ca un grupo de xente nova, que
divertíndose e desenvolvendo actividades pretende compartir o quelles gusta ou
no que saben mais ca os demáis: xa sexa música, deporte ou cine, preténdese
facer chegar á xente unha mensaxe positiva acerca da creación e do
desenvolvemento do ser humano coma persoa racional, dende unha perspectiva
tamén galeguista, tendo en conta a terra de Galicia, resaltando tamén a nosa
cultura, arte e literatura propias.
Alborexar, malia que acaba de
nacer, pódese converter nun proxecto moi interesante, cargado de creatividade,
diversión e boas intencións. Agora é o turno de traballar a prol dos
obxectivos, e necesita á xente, ao público, para facelo funcionar tamén; é unha
iniciativa aberta a todos, da que todos podemos disfrutar. E eu, dende a miña
postura de colaborador, tentarei axudar en todo o que sexa posible.
Deséxovos
moita sorte rapaces.
Boa sorte, Alborexar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario