martes, 1 de abril de 2014

Unha rima que abrolla sen versos...


"Silencio da Noite."


Cando te vexo sorrir na noite,
e espreguizar eses ollos de morte,
recorres por todo o meu lombo,
un solo, un duro golpe.

Na terra que xa nos desterra,
ó desexo e a morte silandeira,
que mentres te miro noite enteira
polas noites buscas quen te queira.

Como carne que esvara en silencio,
polos osos do bo e o sedento,
escoitote negro silencio,
e de verte xa so esmorezo.

Unha rima que abrolla sen versos
un cantar que fai duro o silencio
o silencio que berra calado
un calar que runxiu sempre escelso.

Por Serxio María

Ningún comentario:

Publicar un comentario