domingo, 30 de marzo de 2014

Seminario de cine: Guion curtametraxe en galego

MYTHOSIS

Por Alex Sueiro

Aqui vos deixo un guion en galego escrito por min. O argumento versa sobre os enfrontamentos que se producen cun mesmo...convídovos a todos/as a lelo, e a deixar as vosas opinións, tanto aquí coma no apartado de cine, onde o colgarei tamén. Tan só lle tedes que dar clic no enlace para lelo en liña. Espero que vos guste, un saúdo!

venres, 28 de marzo de 2014

O Seminario de Lingua da Asociación Cultural Alborexar, ratifica os posicionamentos da RAG perante a palabra polbo.

Logo de que se lle propuxera á Real Academia Galega, incluir o castelanismo pulpo como palabra normativa os membros do Seminario de Lingua Galega de Alborexar, xa manifestamos o noso desexo de velar pola única palabra normativa polbo.
Dende o seminario de lingua parécenos, abertamente un escándalo tentar ferir a lingua introducindo castelanismos, lusismos ou solecismos. Por iso manifestamos públicamente a través deste comunicado o no apoio a Real Academia Galega, a cal xunto ó Instituto da Lingua Galega, recoñecemos como únicas autoridades normalizadoras para o galego.
Co rexeitamento de castelanismos axudamos a nosa lingua a ser máis pura limpa e correcta, a continuación remitímoslles o comunicado da Real Academia Galega.

"A Real Academia Galega ratifícase na súa escolla de polbo como forma normativa recomendable, tal como estableceu xa no seu Vocabulario ortográfico da lingua galegae no Dicionario da lingua galega, polas seguintes razóns:

1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que "entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira".
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo."

luns, 24 de marzo de 2014

Ata sempre, Presidente.



Onte, día 23 de Marzo do 2014 aos 81 anos falece unha figura moi importante no noso estado democrático, o que se lle pode considerar pai da democracia española, unha persoa que tivo man na Transición, unha persoa que uniu ás dúas partes de España. A persoa que foi valente ante o fallido Golpe de Estado do 23 de Febreiro de 1981, unha persoa que se mantivo pese ás críticas que lle choveron cando o Rei Xoan Carlos o nomea coma Presidente do Goberno, foi no 2005 cando o seu fillo comenta publicamente a situación que estivo a pasar durante nove anos, un Alzheimer que pouco a pouco o vai apagando, dende non recoñecer ós seus familiares até non saber quen era o Rei, unha enfermidade que o rematou onte ás 15:03, alí onde esteas....
Descansa en Paz, Adolfo Suárez!

Por David A.

sábado, 22 de marzo de 2014

Novidades importantes en Alborexar

Na reunión de onte ocorreron varios feitos importantes: a elección do novo Secretario, a intervención dalgúns membros con ideas ou suxerencias para mellorar Alborexar, e a toma de diversas decisións e exposición de proxectos nun futuro próximo, traballando sempre de cara á xente.




O novo secretario, Alejandro, fixo unha exposición acerca de como veía a Asociación, propoñendo diversas melloras e algúns camiños que se poderían seguir, baseándose nun maior pulo a Alborexar e en animar aos demais membros na elaboración de proxectos, promovendo a importancia deste Blog e de redes sociais coma para poder chegar a un público máis amplo. Álex, un dos diretores do Seminario de Música, tamén realizou unha intervención, onde tratou algúns puntos que deberíamos mellorar todos dentro de Alborexar, propoñendo algúns cambios necesarios  e ideas interesantes que iremos aplicando, coma a creación dun Seminario de Crítica e Opinión, no cal a xente poida expresarse con liberdade e poner o que pensa ou opina sobre diferentes temas de actualidade importantes para todos, recalcando a importancia e a necesidade de que a xente teña voz para dicir o que pensa.


Cabe destacar tamén a importante intervención de David, que nos explicou algúns proxectos que realizará Alborexar nun futuro próximo, ademais de comentar con nós algúns detalles dos mesmos e propoñendo ideas. Os Seminarios de Cine e Literatura tamén tiveron voz, por parte de Xabier e Carolina, respectivamente, relatando tamén as súas ideas de futuro. O Seminario de Cine, ademáis de continuar coas críticas cinematográficas neste Blog, ten pensado desenvolver algún proxectos vía Youtube por exemplo, ou outros relacionados co mundo do sétimo arte que iremos desvelando pouco a pouco. Unha novidade a destacar é a aportación ao Seminario posiblemente de Literatura, de noticias, proxectos e demáis novidades do mundo da banda deseñada ou cómic.


Alex,Xabier e Félix, Seminario de Cine
                  
David, dos Seminarios de Política e de Deportes
Álex e Mauro, do Seminario de Música
Resumindo, que Alborexar segue a crecer pouco a pouco, tentando facer a cultura accesible e barata, como debe ser. Seguimos o noso camiño con ganas de traballar e cun gran sorriso sempre presente. Seguide atentos a este Blog, e ás Redes Sociais, para seguir ao tanto das sorpresas, proxectos, e curiosidades que vos iremos desvelando!


venres, 14 de marzo de 2014

Exitoso concerto fundacional da Asociación cultural Alborexar!

Hoxe estrenouse Alborexar, en Ourense, grazas a colaboración dos nosos compañeiros do café cultural Auriense. Despois dun mes de traballo en por os piares para este exitoso proxecto por fin podemos ver o noso proxecto cumplido e Alborexar comeza a difusión cultural que prometeu.
A nosa cidade e o noso país pode ter seguro que a actividade cultural seguirá viva mentres Alborexar exista.
Neste concerto ó que acudiron en torno a medio centenar de persoas tocaron dous grupos ourensans, Gorilas a Pilas dentro do estilo punk e New Day Rising dentro do rock alternativo.
Coa participación de ámbolos grupos demostrouse tamén unha vez máis que entre a nosa mocidade hai compromiso de traballo para que a nosa música viva mil primaveiras máis como versaba don Álvaro Cunqueiro nun dos seus poemarios. Agradecemos por suposto ós asistentes a participación neste concerto, que como marcan os estatutos da asociación estivo presidido pola bandeira nacional e o logotipo de Queremos Galego xunto ó de Alborexar.