Na reunión de
onte ocorreron varios feitos importantes: a elección do novo Secretario, a
intervención dalgúns membros con ideas ou suxerencias para mellorar Alborexar,
e a toma de diversas decisións e exposición de proxectos nun futuro próximo,
traballando sempre de cara á xente.
O novo
secretario, Alejandro, fixo unha exposición acerca de como veía a Asociación,
propoñendo diversas melloras e algúns camiños que se poderían seguir,
baseándose nun maior pulo a Alborexar e en animar aos demais membros na elaboración
de proxectos, promovendo a importancia deste Blog e de redes sociais coma para poder chegar a un público máis amplo. Álex, un dos diretores do Seminario de
Música, tamén realizou unha intervención, onde tratou algúns puntos que
deberíamos mellorar todos dentro de Alborexar, propoñendo algúns cambios
necesarios e ideas interesantes que
iremos aplicando, coma a creación dun Seminario de Crítica e Opinión, no cal a
xente poida expresarse con liberdade e poner o que pensa ou opina sobre
diferentes temas de actualidade importantes para todos, recalcando a
importancia e a necesidade de que a xente teña voz para dicir o que pensa.
Cabe destacar
tamén a importante intervención de David, que nos explicou algúns proxectos que
realizará Alborexar nun futuro próximo, ademais de comentar con nós algúns detalles
dos mesmos e propoñendo ideas. Os Seminarios de Cine e Literatura tamén tiveron
voz, por parte de Xabier e Carolina, respectivamente, relatando tamén as súas
ideas de futuro. O Seminario de Cine, ademáis de continuar coas críticas
cinematográficas neste Blog, ten pensado desenvolver algún proxectos vía
Youtube por exemplo, ou outros relacionados co mundo do sétimo arte que iremos
desvelando pouco a pouco. Unha novidade a destacar é a aportación ao Seminario
posiblemente de Literatura, de noticias, proxectos e demáis novidades do mundo
da banda deseñada ou cómic.
![]() |
| Alex,Xabier e Félix, Seminario de Cine |
![]() |
| David, dos Seminarios de Política e de Deportes |
Resumindo, que Alborexar segue a
crecer pouco a pouco, tentando facer a cultura accesible e barata, como debe
ser. Seguimos o noso camiño con ganas de traballar e cun gran sorriso sempre presente. Seguide atentos a este Blog, e ás Redes Sociais, para seguir ao
tanto das sorpresas, proxectos, e curiosidades que vos iremos desvelando!





Ningún comentario:
Publicar un comentario