Logo de que se lle propuxera á Real Academia Galega, incluir
o castelanismo pulpo como palabra normativa os membros do Seminario de Lingua Galega de Alborexar, xa manifestamos o noso desexo de velar pola
única palabra normativa polbo.
Dende o seminario de lingua parécenos, abertamente un escándalo tentar ferir a lingua
introducindo castelanismos, lusismos ou solecismos. Por iso manifestamos
públicamente a través deste comunicado o no apoio a Real Academia Galega, a cal
xunto ó Instituto da Lingua Galega, recoñecemos como únicas autoridades
normalizadoras para o galego.
Co rexeitamento de castelanismos axudamos a nosa lingua a
ser máis pura limpa e correcta, a continuación remitímoslles o comunicado da
Real Academia Galega.
"A Real Academia Galega ratifícase na súa escolla de
polbo como forma normativa recomendable, tal como estableceu xa no seu
Vocabulario ortográfico da lingua galegae no Dicionario da lingua galega, polas
seguintes razóns:
1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial
galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala
actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita
dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas
léxicas para a variante normativa do galego é que "entre dúas voces ou
variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial
e a outra dubidosa, escóllese a primeira".
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada
actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués
polvo."


Ningún comentario:
Publicar un comentario