Por Alex Sueiro
Estou canso. Canso de non facer nada. Canso de ver todos os días o mesmo, de tomar o mesmo almorzo. Canso de ver as mesmas desputas e de discutir coa xente, sea da familia ou non. Estou canso de preguntarme pola xustiza divina, que esolle aleatoriamente o destino da xente, e ter que ver como unha persoa que traballou toda a súa vida a prol da súa familia e de levar un prato de comida á mesa se degrada ante os meus ollos e non poder facer unha puta merda. Canso de camiñar media hora ata o insti polo mesmo camino día sí e día tamén. Canso de chegar a un lugar que detesto, sentarme, e ter que escoitar durante seis horas cousas que nin me interesan nin me servirán de nada na vida. Estou canso de andar estresado con respecto a un exame, ogándome a vida por un número que indica soamente se o que vomitei valeu de algo ou non. Canso de ver as mesmas caras aburridas e amargadas na xente, nos profesores…canso de non saber que vai ser da miña vida o ano que ven, de non saber que carrera vou estudar, ou se vou estudar algo. Canso de vivir nunha sociedade onde non se incentiva o esforzo e onde soamente se adestran ovellas para o rabaño. Canso de ver e vivir nun país onde se incentiva o non facer nada por riba de carreiras superiores e estudos.
Estou canso de oír que todo va mal, que precisamos un cambio. Estou canso de escoitar AS MESMAS FODIDAS VOCES POPULISTAS dicindo que a xente está a pasar fame, e que a situación non é boa en absoluto. Canso de escoitar todo iso e de non ver cambios, soamente xente laiándose e dicindo cousas que se poden ver día a día. É coma se vas á praia e alguén che está a dicir cada dous segundos que a auga molla. Estou canso de ver a nenos de 13 anos fumando e filosofando sobre o dura que é a vida, canso de ver unha sociedade onde todo é un caos, un circo; onde todo vai ao revés. Tódolos valores morais que presuntamente che inculcan dende neno, coma o traballo, o esforzo, constancia, a bondade e honestidade, vanse polo retrete cando escoitas que botan a unha muller dunha empresa por estar embarazada, ou cando ves nas noticias que as rúas están cheas de xente desahuciada e mentres tanto hai miles de casas vacías. Canso de comprobar que os país xa non son os superheroes que criamos cando éramos nenos, capaces de todos e dotados da razón absoluta. Canso de ver como todo se desmorona, e ter que sorrir disimulando que todo vai ir ben, e que todo pódese arranxar agás a norte.
Non, esto non se vai arranxar. E non me refiro a España, que xa per sé é algo digno de ser visto por médicos especializados en problemas psiquiátricos. Falo da humanidade. Dende tempos inmemoriais o ser humano tratouse de matar entre sí, e ao abrir un libro de historia ves que é por caralladas, coma por unha muller (Troia), ou pola relixión (cruzadas). Se en miles de anos de historia somos capaces de desenvolver as ciencias de mil maneiras, de ir ao espazo ou estar preto de descubrir as orixes do universo, e sen embargo ser incapaces de solventar os problemas que lle afectan á humanidade dende que esta mesma existe, paréceme que nada serve xa. Nada serve. ¿Paz? Paz é unha palabra inventada para designar “non che rebento a cara porque obteño diñeiro e recursos se non o fago”. Paz é o mesmo que “mentira”, e o peor de todo é que non debería de ser así; somos nós os que lle damos ese significado.
Canso de aturar, canso de ver, canso de que ninguén faga nada e de non poder facer nada.
Semella que o mellor que un pode facer por esta sociedade, esta humanidade, é coller unha pistola, poñela na sen, e facer unha puñeta ao mundo antes de apertar o gatillo. Pode que o que nos impida facelo sexa ese anhelo e esperanza que ven de serie connosco, xunto co odio.









